Sunday 05 de May de 2024

Unha ducia de persoas participan no taller Técnicas de mobilización e transferencia de pacientes


 

Arredor dunha ducia de persoas da comarca de Ordes participaron recentemente no taller Técnicas de mobilización e transferencia de pacientes. Impartido por Judit Fernández, delegada do sindicato de enfermería SATSE en Santiago de Compostela, forma parte do programa Cuidadanas, organizado pola Fundación Mujeres, neste caso tamén coa colaboración do CIM da Mancomunidade de Ordes. Deste xeito continúase coas charlas e encontros desenvolvidos no mes de xuño que, entre outros, tiña como obxectivo dar a coñecer o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras (SAIC), dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas coidadoras non profesionais no ámbito familiar. Este comprende actuacións como información e asesoramento especializados, apoio psicolóxico e emocional, obradoiros formativos, grupos de axuda mutua e acompañamento a persoas maiores dependentes.